23/02/18

CHARLAS TEMÁTICAS USC. PROXECTO TERRA.

PROXECTO TERRA.

CHARLA IMPARTIDA POR  EMILIO R. DÍAZ VARELA.



As paisaxes rurais son o resultado da interación entre actividades humanas (agricultura, gandeiría…) e o medio ambiente. En moitos casos, caracterízanse por unha alta diversidade ecolóxica e capacidade de provisión de servizos ambientais. Aínda así, a súa dinámica actual vese amenazada por mudanzas aceleradas no uso dos recursos naturais e dos modos de vida nas áreas rurais. Nesta charla veremos un repaso histórico do desenvolvemento das paisaxes rurais, a súa importancia na conservación da biodiversidade e outros valores ambientais, así como propostas para a súa planificación e ordenación.