12/04/24

Plan Director: Adiccións con substancia

O xoves 4 de abril o alumnado de 3° de ESO e 1° de FPBásica recibiu unha das charlas concedidas dentro do Plan Director que leva o nome de “Adiccións con substancia".

A charla foi impartida por Ramón Pena da Comandancia da Garda Civil de Lugo que, de novo, se achegou ao noso centro para tocar o tema das drogas socialmente aceptadas como o tabaco e alcol e os efectos nocivos que producen no noso corpo mais tamén tiveron tempo para falar doutras substancias nocivas









11/04/24

Programa Gen Tech - Digitalent

A semana pasada o alumnado de 1° e 2° de BAC participou na actividade GenTech DigiTalent. Esta actividade está centrada na presentación de proxectos de base tecnolóxica que permite coñecer as opcións profesionais e a realidade do sector TIC.


O seu obxectivo principal é fomentar o atractivo vocacional cara ás carreiras profesionais STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e achegar aos centros as oportunidades laborais no sector tecnolóxico.








Obradoiro Talento Mozo 2024

O mércores 3 de abril o alumnado de 4° de ESO participou no obradoiro Talento Mozo, un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos.


Estes obradoiros buscan dar visibilidade ao potencial, creatividade e innovación que ten a xuventude galega a través de coloquios con mozos e mozas. Trátase de realizar encontros con emprendedores/as ou estudantes que representen casos de éxito para resolver dúbidas á hora de escoller estudos superiores e que buscan mellorar a posterior inserción labora.





09/04/24

Charla UDC: "Formación, investigación e desenvolvemento multidisciplinar. Un exemplo: TICs e Medio Ambiente"

A semana pasada o alumnado de 3° e 4° de ESO participou nunha charla sobre "Formación, investigación e desenvolvemento multidisciplinar. Un exemplo: TICs e Medio Ambiente".

O doutor Javier Andrade do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Facultade de Informática e a doutora María Piñeiro Iglesias que forma parte do Instituto Universitario de Medio Ambiente, realizaron en primeiro lugar, unha pequena presentación dos centros relacionados co tema da charla e despois adentráronse no problema da contaminación atmosférica.


O obxectivo é plantexar como as TICs se poden empregar tanto para a vixilancia ambiental como para a "eco-actuación", e para iso, mostraron exemplos de hardware e software que dan soporte a actividades medioambientais.


Tamén presentaron proxectos TIC que desenvolven de forma conxunta desde os dous centros e falaron sobre a formación necesaria para participar nestes proxectos.










25/03/24

Submisión química

O 22 de marzo visitou noso centro a profesora da Universidade de Vigo Marta Teijeira Bautista que veu falarlle ao alumnado sobre a submisión química.


Mostróuselles o que lle ocorre ao noso corpo cando inxerimos unha substancia psicoactiva e as consecuencias que ten para a nosa integridade e benestar.


Estas substancias alteran o funcionento normal do cerebro e interfiren na regulación de emocións, pensamentos, percepcións e condutas e poden ser utilizadas con finalidades delitivas para someter a unha persoa á vontade doutra.





12/03/24

Programa a Ponte: Saídas profesionais dos graduados

Dentro das charlas do Programa A Ponte da USC visitáronnos tamén o pasado mes, María Esther Oliveira Oliveira e María González Blanco profesoras do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, o alumnado de 2° de BAC recibiron información sobre as actividades profesionais que os graduados en Pedagoxía, Educación Social e titulados de Mestre poden desenvolver. 













Teatro en francés: "Le malade imaginaire"

O alumnado da materia de francés viaxou a Lugo para desfrutar dunha representación no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo.

"Le malade imaginaire", do famoso escritor Molière, é unha crítica aos médicos do s.XVIII onde se realiza un retrato do doente hipocondríaco e se trata o medo á morte.